1.- Let's Play, servizo complementario

Violoncelo Blue, ten un servizo complementario para nenos de 3 a 8 anos, en horario de tarde, coa finalidade de continuar a súa formación musical e trilingüe. Unha vez cumpridos o tres anos e alcanzada a nosa meta de entender e falar o tres linguas, galego,castelán e inglés, non parece lóxico que iso se perda e reforzámolo a través do Let´splay.

Trátase dun sistema de aprendizaxe lúdica, é dicir aprenden mentres xogan. Todas as actividades desenvólvense en inglés e a música interrelaciónaas.

2.- Taller de pais

A nosa escola considera moi importante proporcionar aos pais dos nosos alumnos un apoio extra mediante a creación dun Taller de pais para desenvolver temas de diverso interese. As sesións inícianse co achegamento teórico por parte de profesionais especializados en diversas áreas por medio dunha familiar charla-café na que, ademais dos consellos profesionais, serán os propios pais dos nosos alumnos os que tamén proporcionarán pautas e consellos para a procura de solucións na educación, hábitos e rutinas dos seus fillos.

3.- Festas familiares
4.- Música
5.- Psicomotricidade
6.- Tree House (Rincón de lectura)
7.- Novas tecnoloxías
8.- Coñecemento do medio

9.- Excursións e natureza